Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Cine "Os demos de barro"
Detalles del evento
Categoría: longametraxe de animación Prezo: con invitación Duración: 95 min Compañía: Parrocha Studio Parrocha Studio ocupa un local no centro de Arteixo e é un estudo de animación dirixido
Detalles del evento
- Categoría: longametraxe de animación
- Prezo: con invitación
- Duración: 95 min
- Compañía: Parrocha Studio
Parrocha Studio ocupa un local no centro de Arteixo e é un estudo de animación dirixido por Xosé Zapata. Despois de gañar con Monkey o Goya 2022 á mellor curtametraxe de animación, grazas ao apoio da Deputación da Coruña regresa a Arteixo cunha longametraxe, «Os Demos de Barro» dirixida por Nuno Beato, tamén nominada aos Goya 2023. A película está calificada a partir de 7 anos. A técnica de animación empregada nesta longametraxe é a de stop-motion e todas as persoaxes que aparecen na película foron elaboradas íntegramente no estudio de Arteixo.
SINOPSE:
Rosa naceu no campo, pero un día mudouse á cidade e convertiuse nunha muller de éxito. A súbita morte do avó que a criou, fai que Rosa volva á súa vila natal cun sentimento de culpa por non ter correspondido a ese amor. Grazas a unha serie de cartas e indicacións, Rosa descubre que seu avó deixoulle encargada unha misión importante que a reconciliará consigo mesma e coas persoas que a rodean. Rosa entra nun mundo poboado de criaturas fantásticas, animais silvestres, e unha vida na que o ritmo das estacións e a axuda mutua son o máis importante.
Más
Hora
13/01/2023 20:30 - 22:05(GMT+01:00)
Lugar
Centro Cívico Cultural de Arteixo
A Coruña
Deja una respuesta